Nome orixinal | (la) C. Terentilius Harsa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma Antiga |
Morte | século V a. C. (>462 a. C.) valor descoñecido |
Tribuno da plebe | |
462 a. C. – 462 a. C. | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) |
Familia | |
Pais | valor descoñecido e valor descoñecido |
Caio Terencio Arsa ou Caio Terentilio Arsa[a] (en latín, Gaius Terentilius Harsa), foi un tribuno da plebe da República romana no 462 a.C.[3] Terentilio propuxo un código de leis que regulase o poder dos cónsules, aproveitando que estes estaban en campaña contra os volscos e os aequi, para meter presión ao Senado controlado polos patricios.
Foi o primeiro membro da gens Terencia que chegou a un cargo.[2]
Mentres os cónsules Lucio Lucrecio Tricipitino e Tito Veturio Xémino Cicurino estaban a dirixir ao exército en campaña, Arsa aproveitou para denunciar a arbitrariedade do poder consular, que segundo el era similar ao da antiga Monarquía romana.
Apoiado polos seus colegas, presentou un proxecto de lei, a Proposta Terentilia, para crear unha comisión de cinco membros, coa misión de definir os límites do poder consular,[3][2] pondo por escrito os dereitos do cónsul, e ofrecendo así a oportunidade aos plebeos de se protexeren fronte os abusos de poder.[4][5][6] Para Tito Livio, a empresa tiña un obxectivo político, pero para Dionisio de Halicarnaso, Arsa buscaba impor unha igualdade ante a lei, ou sexa, que os patricios e os plebeos estivesen sometidos á mesma lexislación.[7]
Estando ausentes de Roma os cónsules, foi o Prefecto romano, Quinto Fabio Vibulano, o que interveu para impedir que se adoptase a Lei Terentilia.[5] Reuniu ao Senado e denunciou os actos do tribuno da plebe, conseguindo convencer aos outros tribunos de atrasa-la votación desta lei até a volta dos cónsules. Á volta destes, Arsa relanzou a súa proposta cuxa votación foi, de novo, diferida polos patricios, para permitir a un dos cónsules vitoriosos, Lucrecio, entrar en Roma en triunfo, e a Veturio en ovación.[8][9][10]
Malia oposición dos patricios, a proposición de Arsa non foi rexeitada, senón posposta.[5] O nome de Caio Terentilio Arsa desapareceu dos relatos antigos e só o seu proxecto continuou sendo mencionado.[4] A súa proposta, en efecto, foi retomada cada ano, entre 462 e 454 a. C. a través de novos proxectos de lei que propoñían os tribunos.[4][5][8] Finalmente, despois de máis de dez anos de loitas, os tribunos da plebe, reelixidos ano tras ano, obtiveron o compromiso[11] de que a cambio de abandona-lo proxecto de Lex Terentilia, crearíase unha comisión con orde de copia-las soadas leis de Solón, e de coñecer as institucións dos restantes estados de Grecia, dos seus costumes e os seus dereitos.[5][12]
Predecesor: - |
Tribuno da Plebe da República Romana con Sexto Tito 462 a.C. |
Sucesor: A. Virxinio e M. Volscio Fíctor |