Calcineurina

Estrutura cristalográfica do heterodímero de calcineurina composto das subunidades catalítica (PPP3CA) e regulatoria (PPP3R1).[1]

A calcineurina (CN) é un encima proteína fosfatase, tamén chamada proteína fosfatase 3, e serina-treonina fosfatase dependente de calcio.[2] Activa as células T do sistema inmunitario e pode ser bloqueada por diversos fármacos. A calcineurina activa, desfosforilándoo, ao factor nuclear das células T activadas citoplasmático (NFATc), que é un factor de transcrición que se encontra no citoplasma e é despois translocado ao núcleo, onde regula á alza a expresión da interleucina 2 (IL-2), a cal, á súa vez, estimula a resposta de células T. A calcineurina é a diana dun tipo de fármacos chamados inhibidores da calcineurina, entre os cales están a ciclosporina, Pimecrolimus e Tacrolimus.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A calcineurina é un heterodímero formado por unha subuinidade de 61-kDa catalítica que se une á calmodulina, chamada calcineurina A, e unha subunidade de 19-kDa regulatoria que se une ao Ca2+, chamada calcineurina B. Hai tres isocimas da subunidade catalítica, cada unha das cales está codificada por un xene separado (PPP3CA, PPP3CB, e PPP3CC) e dúas isoformas da subunidade regulatoria, tamén codificadas por xenes separados (PPP3R1, PPP3R2).

proteína fosfatase 3, subunidade catalítica, isocima alfa
Identificadores
Símbolo PPP3CA
Símbolos alt. CALN, CALNA
Entrez 5530
HUGO 9314
OMIM

114105

RefSeq NM_000944
UniProt Q08209
Outros datos
Número EC 3.1.3.16
Locus Cr. 4 q24
proteína fosfatase 3, subunidade catalítica, isocima beta
Identificadores
Símbolo PPP3CB
Símbolos alt. CALNB
Entrez 5532
HUGO 9315
OMIM

114106

RefSeq NM_021132
UniProt P16298
Outros datos
Número EC 3.1.3.16
Locus Cr. 10 q22.2
proteína fosfatase 3, subunidade catalítica, isocima gamma
Identificadores
Símbolo PPP3CC
Entrez 5533
HUGO 9316
OMIM

114107

RefSeq NM_005605
UniProt P48454
Outros datos
Número EC 3.1.3.16
Locus Cr. 8 p21.3
proteína fosfatase 3, subinidade regulatoria B, alfa
Identificadores
Símbolo PPP3R1
Entrez 5534
HUGO 9317
OMIM

601302

RefSeq NM_000945
UniProt P63098
Outros datos
Número EC 3.1.3.16
Locus Cr. 2 p14
proteína fosfatase 3, subunidade regulatoria B, beta
Identificadores
Símbolo PPP3R2
Entrez 5535
HUGO 9318
OMIM

613821

RefSeq NM_147180
UniProt Q96LZ3
Outros datos
Número EC 3.1.3.16
Locus Cr. 9 q31

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Cando unha célula presentadora de antíxenos interacciona cun receptor de células T situado na superficie dunha célula T, prodúcese un incremento do nivel citoplasmático de calcio, o cal[3] activa a calcineurina, ao unirse á súa subunidade regulatoria e activar a unión da calmodulina. A calcineurina induce varios factores de transcrición (NFATs) que son importantes na transcrición dos xenes de IL-2. O IL-2 activa os linfocitos T axudantes e induce a produción doutras citocinas. Deste modo, controla a acción dos linfocitos citotóxicos. A cantidade de IL-2 producida polas células T axudantes crese que inflúe significativamente na amplitude que vai ter a resposta inmune.

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

Enfermidades reumáticas

[editar | editar a fonte]

Os inhibidores da calcineurina prescríbense para tratar a artrite reumatoide adulta en solitario ou en combinación co metrotexato. Tamén se prescribe para: artrite psoriática, psoríase, enfermidade de Behçet ocular aguda, artrite idiopática xuvenil, polimiosite e dermatomiosite xuvenil e adulta, lupus eritematoso xuvenil e adulto, nefrite lupus membranoso adulta, esclerose sistémica, anemia aplástica, síndrome nefrótica resistente a esteroides, dermatite atópica, asma dependente de corticoides grave, colite ulcerativa grave, pemphigus vulgaris, myasthenia gravis, e enfermidade do ollo seco, con ou sen síndrome de Sjögren (administrada como emulsión oftálmica).

Esquizofrenia

[editar | editar a fonte]

A calcineurina está asociada aos receptores de varios compostos presentes no cerebro como NMDA, dopamina e GABA.[4] Un experimento realizado con ratos alterados xenetricamente que non podían producir calcineurina atopou que estes mostraban síntomas similares aos da esquizofrenia humana: trastornos de memoria, déficits de atención, comportamento social anormal, e outras anormalidades características da esquizofrenia.[5]

A calcineurina, xunto co NFAT, pode mellorar a función das células beta do páncreas diabético.[6][7] O fármaco Tacrolimus contribúe ao frecuente desenvolvemento de diabete despois dun transplante renal.[8]

A sinalización calcineurina/Nfat é necesaria para o funcionamento e a maduración perinatal dos pulmóns.[9]

Interaccións

[editar | editar a fonte]

A calcineurina interacciona con DSCR1[10] e AKAP5.[11]

  1. PDB 1AUI; Kissinger CR, Parge HE, Knighton DR, Lewis CT, Pelletier LA, Tempczyk A, Kalish VJ, Tucker KD, Showalter RE, Moomaw EW (December 1995). "Crystal structures of human calcineurin and the human FKBP12-FK506-calcineurin complex". Nature 378 (6557): 641–4. PMID 8524402. doi:10.1038/378641a0. 
  2. Liu L, Zhang J, Yuan J, Dang Y, Yang C, Chen X, Xu J, Yu L. (March 2005). "Crystal Characterization of a human regulatory subunit of protein phosphatase 3 gene (PPP3RL) expressed specifically in testis". Mol Biol Rep 32 (1): 41–45. PMID 15865209. doi:10.1007/s11033-004-4250-4. 
  3. Yamashita M, Katsumata M, Iwashima M, Kimura M, Shimizu C, Kamata T, Shin T, Seki N, Suzuki S, Taniguchi M, Nakayama T (June 2000). "T Cell Receptor–Induced Calcineurin Activation Regulates T Helper Type 2 Cell Development by Modifying the Interleukin 4 Receptor Signaling Complex". J. Exp. Med. 191 (11): 1869–79. PMC 2213529. PMID 10839803. doi:10.1084/jem.191.11.1869. 
  4. Bannai, H.; Levi, S.; Schweizer, C.; Inoue, T.; Launey, T.; Racine, V.; Sibarita, JB; Mikoshiba, K; Triller, A (2009). "Activity-dependent tuning of inhibitory neurotransmission based on GABAAR diffusion dynamics". Neuron 62 (5): 670–682. PMID 19524526. doi:10.1016/j.neuron.2009.04.023. 
  5. Miyakawa T, Leiter LM, Gerber DJ, Gainetdinov RR, Sotnikova TD, Zeng H, Caron MG, Tonegawa S (July 2003). "Conditional calcineurin knockout mice exhibit multiple abnormal behaviors related to schizophrenia". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 100 (15): 8987–92. PMC 166425. PMID 12851457. doi:10.1073/pnas.1432926100. 
  6. Heit JJ, Apelqvist AA, Gu X, Winslow MM, Neilson JR, Crabtree GR, Kim SK (September 2006). "Calcineurin/NFAT signalling regulates pancreatic beta-cell growth and function". Nature 443 (7109): 345–9. PMID 16988714. doi:10.1038/nature05097. 
  7. Heit JJ (October 2007). "Calcineurin/NFAT signaling in the beta-cell: From diabetes to new therapeutics". BioEssays 29 (10): 1011–21. PMID 17876792. doi:10.1002/bies.20644. 
  8. Crutchlow MF, Bloom RD (2007). "Transplant-associated hyperglycemia: a new look at an old problem". Clin J Am Soc Nephrol 2 (2): 343–55. PMID 17699434. doi:10.2215/CJN.03671106. 
  9. Davé V, Childs T, Xu Y, Ikegami M, Besnard V, Maeda Y, Wert SE, Neilson JR, Crabtree GR, Whitsett JA (October 2006). "Calcineurin/Nfat signaling is required for perinatal lung maturation and function". J. Clin. Invest. 116 (10): 2597–609. PMC 1570374. PMID 16998587. doi:10.1172/JCI27331. 
  10. Fuentes JJ, Genescà L, Kingsbury TJ, Cunningham KW, Pérez-Riba M, Estivill X, de la Luna S (July 2000). "DSCR1, overexpressed in Down syndrome, is an inhibitor of calcineurin-mediated signaling pathways". Hum. Mol. Genet. 9 (11): 1681–90. PMID 10861295. doi:10.1093/hmg/9.11.1681. 
  11. Kashishian A, Howard M, Loh C, Gallatin WM, Hoekstra MF, Lai Y (October 1998). "AKAP79 inhibits calcineurin through a site distinct from the immunophilin-binding region". J. Biol. Chem. 273 (42): 27412–9. PMID 9765270. doi:10.1074/jbc.273.42.27412. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]