Este artigo trata sobre o calendario litúrxico do rito romano. Para o calendario que usaban os antigos romanos véxase:
Calendario romano.
O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.
Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.
Durante o primeiro século do cristianismo latino non existía máis que un calendario temporal moi sinxelo, que incluía como festas especiais, Nadal, Pascua cristiá e Pentecoste e moi axiña quedou incluída a Epifanía[1], de orixe oriental. A primeira noticia que se ten do culto aos mártires data de aproximadamente o ano 167 e ata o século IV era unha práctica estritamente local realizada nas capelas dos cemiterios[2], así o máis antigo calendario litúrxico romano conservado, compilado por Filocalo no ano 354 inclúe o Depositio episcoporum, unha lista de papas, e o Depositium martyrium cunha lista de 52 mártires, todos romanos agás tres de Cartago[3]. Progresivamente iniciouse o costume de transportar as reliquias á igrexa local ou doutras localidades. Progresivamente comezaron a adoptarse varias festas de orixe bizantina relacionadas coa Virxe, como a Solemnidade de Santa María Nai de Deus no século V[4], e no século VII a Natividade[5], a Purificación[6], a Anunciación[7] e a Asunción de María[8] á vez que o culto aos santos ía tomando carácter universal, editándose os santorais á parte e chegando nos séculos XIII e XIV a ter unhas proporcións desmesuradas e sorprendentes[9]. No concilio de Trento realizouse unha fonda reforma do calendario litúrxico entre 1568 e 1570 simplificándoo, conservando só oito santos posteriores ao ano 1000 e deixando 157 días libres de festas [10], así e todo co paso dos séculos o santoral foise sobrecargando de novo e en 1911 ao iniciar Pío X a reforma do santoral, este contaba con 356 festas, que non puideron corrixir as reformas de 1914 e 1960 e ao comezar os traballos do concilio Vaticano II estableceuse a necesidade dunha reforma do calendario para que o ciclo temporal mantivera a superioridade sobre a festa dos santos. Así o papa Paulo VI estableceu en 1964[11] unha comisión posconciliar para a establecer a constitución litúrxica, cun grupo de estudo dedicado á revisión do calendario, que concretou no novo calendario romano, o calendario romano xeral, promulgado o 14 de febreiro de 1969 polo Papa e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1970.
O calendario romano xeral asigna celebracións de santos a aproximadamente a metade dos días do ano, contendo só unha parte pequena dos santos listados no Martyrologium Romanum, que tampouco inclúe todos os santos lexitimamente venerados na Igrexa católica; e así a canonización implica a adición do nome do santo ao Martyrologium pero non quere dicir que se insira no calendario romano xeral, que menciona só unha moi limitada selección de santos canonizados, e que non estean incluídos no calendario non indica que non sexan venerados polos católicos. No calendario só se inclúen santos de significancia universal, representando o conxunto de eras, rexións xeográficas e grupos culturais, e no posible a súa festa asígnase ao día do que a igrexa considera o seu "nacemento" á vida eterna[12].
- Bautismo do Señor, o domingo seguinte á festa da epifanía, ou se esta é o 7 ou 8 de xaneiro o luns seguinte.
- Mércores de Cinsa, corenta e seis días antes de Pascua.
- Domingo de Ramos, o domingo anterior á Pascua.
- Xoves Santo, xoves anterior á Pascua.
- Venres Santo, venres anterior á Pascua.
- Pascua, o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera.
- Festa da Divina Misericordia, o primeiro domingo despois de Pascua.
- Día da Ascensión, corenta días despois da Pascua.
- Pentecoste, cincuenta días despois de Pascua.
- Domingo de Trindade, o primeiro domingo despois de Pentecoste.
- Corpus Christi, o xoves seguinte ao domingo de Trindade, ou onde non é festa de gardar o domingo seguinte.
- Festa do Sagrado Corazón de Xesús, venres seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste.
- Inmaculado Corazón de María, sábado seguinte ao segundo domingo despois de Pentecoste.
- Festa de Cristo Rei, o derradeiro domingo do ano litúrxico.
- Festa da Sagrada Familia, o domingo da oitava de Nadal.
- 1 de xaneiro - Solemnidade de Santa María Nai de Deus; solemnidade
- 2 de xaneiro - Santos Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno, bispos e doutores; memoria
- 3 de xaneiro - Festa do Santísimo Nome de Xesús; memoria opcional
- 6 de xaneiro - Epifanía, en países onde non é festa de gardar celébrase o primeiro domingo despois do 1 de xaneiro
- 7 de xaneiro - San Raimundo de Penyafort, presbítero; memoria opcional
- 13 de xaneiro - Santo Hilario de Poitiers, bispo e doutor; memoria opcional
- 17 de xaneiro - Santo Antón de Exipto, abade; memoria
- 20 de xaneiro - Papa Fabián ou san Sebastián, mártires; memoria opcional
- 21 de xaneiro - Santa Einés, virxe e mártir; memoria
- 22 de xaneiro - San Vicente, diácono e mártir; memoria opcional
- 24 de xaneiro - San Francisco de Sales, bispo e doutro; memoria
- 25 de xaneiro - Conversión de san Paulo; festa
- 26 de xaneiro - Santos Timoteo e Tito, bispos; memoria
- 27 de xaneiro - Santa Ánxela Merici, virxe; memoria opcional
- 28 de xaneiro - San Tomé de Aquino, presbítero e doutor; memoria
- 31 de xaneiro - San Xoán Bosco, presbítero; memoria
- 3 de xullo - Tomé o Apóstolo
- 4 de xullo - Santa Sabela de Aragón, opcional
- 5 de xullo - Santo Antonio Zaccaria, opcional
- 6 de xullo - Santa María Goretti, opcional
- 9 de xullo - Santo Agostiño Zhao Rong e compañeiros, opcional
- 11 de xullo - San Bieito
- 13 de xullo - San Henrique, opcional
- 14 de xullo - San Camilo de Lelis, opcional
- 15 de xullo - San Boaventura
- 16 de xullo - Nosa Señora do Monte Carmelo, opcional
- 20 de xullo - Santo Apolinario, opcional
- 21 de xullo - San Lourenzo de Brindisi, opcional
- 22 de xullo - Santa María Madalena
- 23 de xullo - Santa Bríxida, opcional
- 24 de xullo - San Chárbel Makhlouf, opcional
- 25 de xullo - Santiago o Maior
- 26 de xullo - Santos Xoaquín e Ana
- 29 de xullo - Santa Marta
- 30 de xullo - San Pedro Crisólogo, opcional
- 31 de xullo - Santo Ignacio de Loiola
- 1 de agosto - Santo Afonso María de Ligorio
- 2 de agosto - Santo Eusebio de Vercelli ou San Pedro Xián Eymard, opcional
- 4 de agosto - San Xoán Vianney
- 5 de agosto - Dedicación da basílica de Santa María a Maior, opcional
- 6 de agosto - Transfiguración de Xesús
- 7 de agosto - San Sisto II ou san Caetano, opcional
- 8 de agosto - San Domingos,
- 9 de agosto - Santa Tareixa Benedita da Cruz, opcional
- 10 de agosto - San Lourenzo
- 11 de agosto - Santa Clara
- 12 de agosto - Santa Xoana de Chantal, opcional
- 13 de agosto - Santos Ponciano e Hipólito, opcional
- 14 de agosto - San Maximiliano María Kolbe
- 15 de agosto - Asunción de María
- 16 de agosto - Santo Estevo de Hungría, opcional
- 19 de agosto - San Xoán Eudes, opcional
- 20 de agosto - San Bernaldo de Claraval
- 21 de agosto - San Pío X
- 22 de agosto - Raíña dos Ceos
- 23 de agosto - Santa Rosa de Lima, opcional
- 24 de agosto - San Bertomeu o Apóstolo
- 25 de agosto - San Lois ou san Xosé de Calasanz, opcional
- 27 de agosto - Santa Mónica
- 28 de agosto - Santo Agostiño de Hipona
- 29 de agosto - A decapitación de Xoán o Bautista
- 3 de decembro - San Francisco Xabier, presbítero; memoria
- 4 de decembro - San Xoán Damasceno, presbítero e doutor; memoria opcional
- 6 de decembro - San Nicolao de Mira, bispo; memoria opcional
- 7 de decembro - Santo Ambrosio, bispo e doutor; memoria
- 8 de decembro - Inmaculada Concepción; solemnidade
- 9 de decembro - San Xoán Diego; memoria opcional
- 11 de decembro - San Dámaso I, papa; memoria opcional
- 12 de decembro - Nosa Señora de Guadalupe; memoria opcional
- 13 de decembro - Santa Lucía, virxe e mártir; memoria
- 14 de decembro - San Xoán da Cruz, presbítero e doutor; memoria
- 21 de decembro - San Pedro Canisio, presbítero e doutor; memoria opcional
- 23 de decembro - San Xoán de Kanty, presbítero; memoria opcional
- 25 de decembro - Natividade do Señor; solemnidade
- 26 de decembro - Santo Estevo, protomártir; festa
- 27 de decembro - San Xoán Apóstolo; festa
- 28 de decembro - Santos Inocentes, mártires; festa
- 29 de decembro - San Tomé Becket, bispo e mártir; memoria opcional
- 31 de decembro - San Silvestre I, papa; memoria opcional
- ↑ VV.AA. (1977) Nueva Historia de la Iglesia, vol 2 Ediciones Cristiandad, p. 159
- ↑ Giovanni Filoramo (2001) Diccionario Akal de las Religiones, Akal, p. 215
- ↑ Éamonn Ó Carragáin, Éamonn Ó e Neuman de Vegvar, Carol L. ( 2007) Roma Felix: Formation and Reflections of Medieval Rome Ashgate Publ., p. 20
- ↑ Bonneau, Normand (1998) The Sunday Lectionary: Ritual Word, Paschal Shape Liturgical Press, p. 123
- ↑ "Valentini, A. (1985) "Birth of Mary", Dictionary of Mary, Catholic Book Publishing Company, New York, 1985". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2014.
- ↑ [Holweck, F. (1908). Candlemas. In The Catholic Encyclopedia. New York: Robert Appleton Company. Retrieved February 10, 2014 from New Advent: http://www.newadvent.org/cathen/03245b.htm]
- ↑ Bergamini, Augusto (1995) Cristo, fiesta de la Iglesia. El año litúrgico San Pablo, p. 485
- ↑ Espín, Orlando O. E Nickoloff, James B. (2007) An Introductory Dictionary of Theology and Religious Studies Liturgical Press, p. 95
- ↑ Bernal, José Manuel (1984) Introducción al año litúrgico, Cristiandad, p. 278
- ↑ Basurko, Xabier (2006) Historia de la liturgia Centre de Pastoral Liturgica, p. 322
- ↑ Post, Paul et al. (2001) Christian Feast and Festival: The Dynamics of Western Liturgy and Culture. Peeters:Leuven, p. 478
- ↑ McFarland, Jason J. "An Overview of Universal Norms on The Liturgical Year and The General Roman Calendar" in Driscoll, Michael S. (2012) The Liturgy Documents: Essential Documents for Parish Worship. Volume 1, Liturgy Training Publications, p. 205
Calendario romano xeral completo (en latín)