Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.
As principais características das especies deste xénero son:[1]
- Son árbores perennifolios de gran porte, coa copa cónica, estreita, ramaxe densa, con numerosas pólas sinuosas coas ramiñas separadas en abano.
- A follaxe está composta por follas escamentas bastante longas, decorrentes na base, de cor verde, que desprenden un olor resinoso bastante forte cando se fregan.
- Son especies monoicas.
- As flores masculinas son duns 3 mm de lonxitude, globulares e douradas, e as femininas, primeiramente, dunha cor verde intensa, que se transforman, despois da fecundación e maduración, en pequenos conos ovoides, estreitos e rematados en punta.
- As piñas son pardas ao maduraren (despois dun ano, aproximadamente), liberando entón pequenas sementes aladas.
- Os ramallos son parecidos aos das tuias e os camecíparis, dos que se diferencian polas súas escamas máis alongadas, e de dous a tres veces máis longas ca largas.
A especie foi descrita en 1873 polo botánico alemán Wilhelm Sulpiz Kurz nun traballo publicado en J. Bot. 11: 196, t. 133.[2][3]
O nome científico Calocedrus está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -cedrus. O primeiro deriva do grego antigo καλός kalós, "fermoso", e o segundo do latín cedrus, tirado do grego antigo κέδρος kédros, "cedro". Literalmente: "cedros fermosos".
- Librocedrus decurrens Torrey
- Heyderia K.Koch (homónimo ilexítimo) [6]
Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes catro especies:[2][7]
Destas catro especies, en Galicia a única cultivada en parques e xardíns é a C. decurrens, o cedro de California, que, a pesar da súa elegancia, só se encontra no parque de Padrón (tres exemplares moi antigos), no paseo da da Ferradura de Santiago, e no xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, que figura no catálogo de árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.
- Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5.
- Christenhusz, M. J. M., J. L. Reveal, A. K. Farjon, M. F. Gardner, R. R. Mill & M. W. Chase (2011): "A new classification and linear sequence of extant gymnosperms". Phytotaxa 19: 55–70.
- Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. ISBN 1-900347-54-7.
- Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
- Gadek, Paul A.; Deryn L. Alpers, Margaret M. Heslewood & Christopher J. Quinn (2000): "Relationships within Cupresaceae senus lato: A combined morphological and molecular approach" (Ler o texto completo). American Journal of Botany 87 (7): 1044–1057.
- Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.
- Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. Cidade de Nova York, Nova York, USA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5.