Caluromiinos Caluromyinae Sarigüeias laúdas | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caluromys philander | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
A dos caluromiinos (Caluromyinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos,[1] que inclúe catro xéneros, aínda que só tres deles teñen especies vivas, un total de cinco, coñecidas na bibliografía como sarigüeias laúdas.
Unha das características que identifican aos machos das especies desta subfamilia é que teñen dous bulbos uretrais, a diferenza dos da outra suffamilia, a dos didelfinos, que teñen tres.[2]
Desde o punto de vista taxonómico cómpre dicir que, noutro tempo, os xéneros Caluromys e Caluromysiops incluíanse nunha familia independente da dos didélfidos, a dos caluromíidos (Caluromyidae). Por outra parte, Glironia, o terceiro xénero con especies vivas na actualidade formaba por si só a familia dos glironíidos (Glironiidae).[3]
A subfamilia foi descrita en 1977 polo zoólogo estadounidense John A. W. Kirsch, en Aust. J. Zool., Suppl. ser., 52: 111.[1]
O nome científico Caluromyinae formouse, como é norma, sobre a base do nome do xénero tipo, neste caso Caluromys, coa adición da desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pola súa parte, Caluromys, resulta da unión dos elementos do latín científico cal-, derivado do grego antigo καλός kalós, 'fermoso'; -uro, procedente do grego antigo οὐρά ourá, 'cola', e -mys, tirado do grego antigo μῦς mỹs, 'rato'. Literalmente: 'os de cola fermosa'.
Segundo a clasificación da subfamilia ofrecida polo MSW, a subfamilia comprende os xéneros, subxéneros e especies seguintes:
Nota: para outras clasificacións, véxanse os artigos Didelfimorfos e Didélfidos.
Xénero | Subxénero | Especie | Autor | Nome vernáculo | Estado conservación UICN |
---|---|---|---|---|---|
Caluromys | Caluromys | philander | (Linnaeus, 1758) | Sarigüeia laúda de cola espida ou parda | Pouco preocupante (LC) [4] |
Mallodelphys | derbianus | (Waterhouse, 1841) | Sarigüeia laúda centroamericana | Vulnerable (VU) [5] | |
lanatus | (Olfers, 1818) | Sarigüeia laúda occidental | Pouco preocupante (LC) [6] | ||
Caluromysiops | irrupta | Sanborn, 1951 | Sarigüeia laúda de ombros negros ou inca | Vulnerable (VU) [7] | |
Glironia | venusta | Thomas, 1912 | Sarigüeia de cola de pincel ou glironia gris | Vulnerable (VU) [8][9] | |
Pachybiotherium (†) | acclinum | Ameghino, 1902 |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caluromiinos |