Calvert Watkins

Modelo:BiografíaCalvert Watkins
Nome orixinal(en) Calwert Watkins Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Pittsburgh, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 2013 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
President of the Linguistic Society of America (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, Indoeuropeística, linguas indoeuropeas e lingüística diacrónica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, filólogo clásico, filólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles (2003–2013)
Universidade Harvard (1959–2003) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1045718

Calvert Watkins, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 13 de marzo de 1933 e finado o 20 de marzo de 2013 nos Ánxeles, foi un filólogo e lingüista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi profesor emérito de lingüística e de Filoloxía clásica na Universidade Harvard e tamén “Professor-in-residence” na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA).

A súa tese de doutoramento, Indo-European Origins of the Celtic Verb I. The Sigmatic Aorist (Dublin Institute for Advanced Studies, 1962), que reflectía as ideas estruturalista de Jerzy Kuryłowicz, foi a base dunha nova perspectiva na lingüística comparada das linguas célticas e ao estudo do sistema verbal das Linguas indoeuropeas.

Watkins completou as súas contribucións aos estudos sobre a gramática indoeuropea coa publicación da Indogermanische Grammatik III/1: Geschichte der Indogermanischen Verbalflexion (1969). O seu labor sobre o vocabulario e a poética indoeuropea ten producido ata hoxe un amplo número de artigos publicados relativos (entre outras cousas) ás linguas célticas, anatólicas, grega, itálicas e indoiranias, materiais utilizados no posterior libro How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics (Oxford University Press, 1995).

Ademais contribuíu, no seu ámbito de competencia das linguas indoeuropeas, á primeira edición do The American Heritage Dictionary of the English Language e publicou The American Heritage Dictionary of Indo-European Roots (ISBN 0-618-08250-6).

A súa parella foi a sanscritista Stephanie Jamison.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]