Camarón de praia Palaemon elegans | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Palaemon elegans Rathke, 1837 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O camarón de praia,[1] ou camarón das pozas,[2] Palaemon elegans, é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).
A especie foi descrita por primeira en 1837 vez polo científico alemánn Martin Rathke.[3]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
Ramonell dálle a esta especie o nome de camarón da praia,[4] igual que fai Daviña Facal,[5] mentres que Ríos Panisse só recolle para ela (citada polo sinónimo Palaemon squilla) o de camarón, sen adxectivos, en Laxe, e tamén apunta que así o denominan Valladares, Crespo e Cornide, aparecendo tamén recollido con este nome no dicionario da RAG dos anos 1930.[6]
Palaemon elegans é un camarón típico, co corpo cilíndrico, algo deprimido lateralmente, composto por un cefalotórax na parte dianteira e un abdome formado por seis segmentos. Ten o rostro ancho, curto e bastante recto (só lixeiramente arqueado cara a arriba), con distintivos dentes dorsais (6 ou 7, ás veces até 9) e ventrais (3 ou 4). Xusto debaixo dos grandes ollos compostos están as anténulas, que se dividen en tres partes e, por debaixo delas, as antenas; divididas en dúas partes.[7][4] Os dous primeiros pares de patas marchadoras rematan en quelas (pinzas).
É o máis pequeno dos camaróns galegos, alcanzando tan só 5 ou 6 cm de lonxitude (sen contar as antenas).[4]
A súa coloración é gris translúcida, con liñas de cor verella apardazada, escuras, no cacho (cefalotórax), con algúns cromatóforos brancos, e o abdome con liñas transversais negras alternando con liñas de puntos brancos. Os segmentos quinto e sexto, e mais o telson, teñen manchas alaranxadas. O segundo par de patas ten os dáctilos de cor azul coas puntas amarelas, propodios tamén azuis, con cíurculos alaranxados e brancos.[4]
Palaemon elegans é moi semellante a Palaemon serratus, Palaemon longirostris e Palaemon adspersus, pero pode distinguirse destes outros camaróns polo número de dentes rostrais e o pedipalpo mandibular, que se compón de dous segmentos. A especie máis parecida é P. adspersus, que é de tamaño un pouco maior, 7 cm como máximo, mentres que P. serratus, o camarón "propiamente dito" chega até os 10 cm.[7][4]
Vive en pozas litorais e zonas rochosas de pouca profundidade (nunca a máis de 40 m) e con moita vexetación,[4] en augas de temperaturas entre os case 7 e os case 12 °C, e cunha salinidade de entre o 10 e o 35 ‰.[7]
É un camarón propio das augas do Atlántico nororiental, especialmente nas costas das illas Británicas, mar do Norte, Alemaña, Dinamarca e sur de Suecia e Noruega, e tamén se acha no Mediterráneo, especialmente no oriental, chagando até o mar Negro, pero tamén se estende polo sur polas costas africanas subtropicais e tropicais, desde Marrocos até Namibia.[7] É frecuente en todo o litoral da Península Ibérica e, obviamente, nas rías galegas.[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camarón de praia ![]() |