Cambisol

Distribución de cambisois

Un cambisol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un grupo de solo que presenta polo menos un horizonte subsuperficial incipiente, o que se evidencia por cambios na estrutura ou na cor, polo contido de arxila ou carbonato etc.

Os cambisois ocupan unha área estimada de 1.500 millóns de hectáreas a nivel mundial, sobre todo en rexións temperadas e boreais que se viron afectadas por glaciacións durante o Plistoceno, aínda que tamén poden aparecer en rexións secas. Nas zonas tropicais e subtropicais húmidas son menos comúns porque nelas a meteorización e a formación de solo prodúcense con moita maior velocidade.

É o tipo de solo máis abundante en Galicia, e adoita aparecer en abas de pendente suave, presentando un horizonte A de máis de 30 cm de profundidade, rico en materia orgánica, que repousa sobre un horizonte B de tipo cámbico.

Os cambisois úsanse intensivamente como terras agrícolas polas súas boas propiedades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]