Camellia reticulata | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Camellia reticulata' Lindl. |
Camellia reticulata[1], a camelia reticulada, é unha especie de Camellia nativa do suroeste da China, na provincia de Yunnan. A poboación silvestre está restrinxida aos bosques de montaña no oeste e centro de Yunnan.[2] Atopámola en Galiza coma ornamental nalgúns arboredos, malia non ser tan abundante coma a camelia do Xapón.
É un arbusto ou árbore miúda, que pode acadar até os 10-15 metros de altura.[3] As follas son elípticas a oblongo-elípticas, de 5–11 cm de longo e 4-5.5 cm de largo. As veas das follas son escuras.[4] As flores teñen 6–10 cm de diámetro, son de cor rosa suave a rosa forte, con 5-11 pétalos. Son terminais ou axilares;[1] florea de xaneiro a marzo no sueste da China.[4] O froito é unha cápsula de aproximadamente 3,6 cm de longo e 4,6 cm de diámetro.[5]
É o emblema floral de Yunnan. Tense cultivado ao longo da súa historia, tanto polo óleo de camelia como polo seu valor como planta ornamental.[6]
A camelia reticulada do Pazo de Oca figura no catálogo de Árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camellia reticulata |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Camellia reticulata |