Camellia sasanqua

Camellia sasanqua
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Theaceae
Tribo: Theeae
Xénero: Camellia
Especie: C. sasanqua
Nome binomial
'Camellia sasanqua'
Thunb.

Camellia sasanqua é unha especie botánica de Camellia nativa dos bosques sempreverdes costeiros do sur do Xapón, en Shikoku, Kyūshū e moitas outras illas menores, tan ao sur coma Okinawa. Atópase usualmente medrando en altitudes duns 900 msnm. En Galiza atopámola coma ornamental, acadando algúns exemplares bos tamaño, con todo é máis pequena ca camelia común, con follas miúdas, flores sinxelas e recendentes, adoita rosear antes ca Camellia japonica, polo outono[1].

Ilustración
Vista da planta

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un arbusto sempreverde de 5 m de altura. Follas largas, elípticas, de 3–7 cm de longo e 1,2–3 cm de largo, cunha marxe finamente aserrada. Flores 5–7 cm diámetro, con 5-8 pétalos de cor branca a rosa escura.

Historia e usos

[editar | editar a fonte]

Ao comezo do período Edo, os cultivares de Camellia sasanqua aparecen; o primeiro rexistro de cultivares desta planta foi feito por Ihei Itō (1695-1733).[2] En xaponés distínguese a camelia común (椿、ツバキ, tsubaki) da sasanqua (山茶花, サザンカ, sazanka, literalmente «flor do té da montaña»).,[3] e incluso nos haikus cada unha destas flores é un kigo que se asocia a unha estación distinta: a camelia común asóciase á primavera e a sasanqua ao inverno.[4]

Camellia sasanqua non foi coñecida en Occidente até 1869, cando foi importada a Europa por mercadores alemáns. Despois introduciuse en Australia e nos Estados Unidos.[3]

Ten unha longa historia de cultivo no Xapón por razóns prácticas máis ca decorativas, xa que as follas se usan para facer , e coas sementes ou noces se fai aceite,[5] usado en iluminación, lubrificación, cocedura, cosmética. O óleo de té ten un poder calorífico máis alto ca calquera outro óleo comestíbel dispoñíbel naturalmente no Xapón.[3]

É a flor oficial da vila xaponesa de Saga.

Árbore senlleira en Galiza

[editar | editar a fonte]

A Camelia 'sasanqua' do Pazo de Torres Agrelo en Redondela (Pontevedra) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Camellia sasanqua foi descrita por Carl Peter Thunberg e publicado en Flora Japonica, . . . 273, t. 30, no ano 1784.[6]

Etimoloxía

Camellia: nome xenérico outorgado en honra ao botanista e misioneiro xesuíta do século XVII, Jiří Josef Camel (tamén coñecido coma Camellus), que transportou plantas de camelias dende as Filipinas até Europa. Carl von Linné nomeou este xénero na súa lembranza.

sasanqua: epíteto derivado da palabra xaponesa sazanka, que significa "té da montaña".

Sinonimia
  • Camellia miyagii (Koidz.) Makino & Nemoto
  • Camellia tegmentosa (Koidz.) Makino & Nemoto
  • Sasanqua malliflora Raf.
  • Sasanqua oleifera Raf.
  • Sasanqua vulgaris Nees
  • Thea sasanqua (Thunb.) Cels[7]
  1. Camelias en Galicia - http://www.camelias.net/textesp.htm Arquivado 29 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
  2. "Winter Flowers Camellia sasanqua". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Botanic Gardens Trust—Camellias". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 04 de xullo de 2014. 
  4. Renku Home (lista de kigo ou palabras utilizadas nos haiku para indicar a estación do ano, en inglés)
  5. Camellia sasanqua en BoDD – Botanical Dermatology Database
  6. Camellia sasanqua en Trópicos
  7. Camellia sasanqua en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]