Campeones | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Campeones |
Director | Javier Fesser |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Rafael Arnau |
Fotografía | Chechu Graf |
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures España |
Estrea | 6 de abril de 2018 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 4 500 000 €[1] |
Recadación | +18 400 000 €[1] |
Na rede | |
|
Campeones é filme español de 2018 dirixido por Javier Fesser.[2] A historia mostra como Marco, un adestrador de baloncesto, deberá facerse cargo dun equipo con discapacidade intelectual. Campeones é unha produción de Morena Films, Películas Pendelton e Movistar+, que conta ademais coa participación de TVE e Universal Pictures International Spain. O filme estreouse o 6 de abril de 2018. A banda sonora, a cargo de Rafael Arnau (colaborador habitual de Fesser), conta coa canción "Este es el momento" composta e interpretada por Coque Malla.
O filme foi escollido representar a España na 91ª edición dos Óscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa,[3] mais finalmente non foi nomeado.
A historia está inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.[4]
Marco atravesa numerosos problemas profesionais e persoais, e tras o seu despedimento como adestrador do seu equipo de baloncesto e, en estado de embriagez, sofre un accidente de tráfico que lle comporta unha grave multa. Marco deberá escoller entre 18 meses de cárcere ou 90 días de servizos comunitarios adestrando un equipo de baloncesto chamado "Los Amigos", integrado por deportistas con diversas discapacidades. Nun primeiro momento, a nova non será ben aceptada polo protagonista, pero co tempo darase conta de todo o que queda por aprender destas persoas.[5]