Tipo | Campeonato Mundial de Corta-Mato (pt) |
---|---|
Deporte | atletismo |
Organizador | Asociación Internacional de Federacións de Atletismo |
Número de participantes | 448 |
Localización e Datas | |
Localización | Holyrood Park (en) (Cidade de Edimburgo) 55°57′03″N 3°10′05″O / 55.950911111111, -3.1680166666667 |
País | Reino Unido |
Número de edición | 36 (2008) |
O campionato do Mundo de cross celebrouse na cidade escocesa de Edimburgo o 30 de marzo de 2008, na súa 36ª edición. Están organizados pola IAAF. Son os segundos mundiais de cross que se celebran en Escocia, logo da sexta edición, celebrada en 1978 en Glasgow.
Participaron 462 atletas, representando a 59 federacións distintas. Deles, 297 eran homes e só 165 (36%) mulleres. Por federacións, o continente máis representado era África, con 21, mentres que de Suramérica só acudiron dous equipos, Brasil e Güiana.
O percorrido disputouse no parque de Holyrood, localizado no barrio onde tamén se atopa o Parlamento escocés. Nun circuíto semellante xa se celebraron os europeos de cross do ano 2003. A superficie do percorrido era de herba se ben había amplas zonas a lama. O circuíto tiña unha volta curta, de 1.840 m e unha volta longa de 2.080 m. O percorrido era fundamentalmente chan, cunha grande elevación nas voltas longas, cunha costa de 13 m verticais en 80 horizontais (16%).
A vila dos deportistas localizouse na residencia universitaria Pollock Halls, ao oeste da cidade.
O mundial integrou catro campionatos, con distancias diversas:
O premio para os gañadores en categoría sénior eran de 30.000 dólares e para os equipos de 20.000.
Os campionatos estiveron dominados polos países africanos, fundamentalmente Etiopía, que gañou tres competicións por equipos e os catro títulos individuais, e por Kenya. Nas clasificacións de júniors, a primeira atleta non africana foi unha xaponesa (10ª), e tamén dese país foi o primeiro non africano (20º). En categorías absolutas, houbo atletas nacidos en África que, representando os Países Baixos ou Qatar obtiveron posicións destacábeis. Porén, a primeira atleta sénior non nacida en África foi a na Benita Johnson (11ª), e en homes foino o estadounidense Jorge Torres (19º).
Medalla | Atleta | Tempo |
Ouro | Kenenisa Bekele Etiopía | 34'38" |
Prata | Leonard Komon Kenya | 34'41" |
Bronce | Zersenay Tadese Eritrea | 34'43" |
Medalla | País | Puntos |
Ouro | Kenya Leonard Komon - Joseph Ebuya - Moses Masai - Gideon Ngatuny - Bernard Kipyego - Hosea Macharinyang |
39 |
Prata | Etiopía Kenenisa Bekele - Habtamu Fikadu - Sileshi Sihine - Gebre-egziabher Gebremariam - Dereje Debele - Abebe Dinkesa |
105 |
Bronce | Qatar Felix Kikwai Kibore - Ahmad Hassan Abdullah - Sultan Khamis Zaman - Mubarak Hassan Shami - Gamal Belal Salem - Essa Ismail Rashed |
144 |
Medalla | Atleta | Tempo |
Ouro | Tirunesh Dibaba Etiopía | 25'10" |
Prata | Mestawet Tufa Etiopía | 25'15" |
Bronce | Linet Masai Kenya | 25'18" |
Medalla | País | Puntos |
Ouro | Etiopía Tirunesh Dibaba - Mestawet Tufa - Gelete Burka - Meselech Melkamu |
18 |
Prata | Kenya Linet Masai - Doris Changeywo - Priscah Cherono - Margaret Muriuki |
22 |
Bronce | Australia Benita Johnson - Lisa Jane Weightman - Melissa Rollison - Anna Thompson |
84 |
Medalla | Atleta | Tempo |
Ouro | Ibrahim Jeilan Etiopía | 22'38" |
Prata | Ayele Abshero Etiopía | 22'40" |
Bronce | Lucas Rotich Kenya | 22'42" |
Medalla | País | Puntos |
Ouro | Kenya | 21 |
Prata | Etiopía | 28 |
Bronce | Uganda | 37 |
Medalla | Atleta | Tempo |
Ouro | Genzebe Dibaba Etiopía | 19'59" |
Prata | Irine Cheptai Kenya | 20'04" |
Bronce | Emebt Etea Etiopía | 20'06" |
Medalla | País | Puntos |
Ouro | Kenya | 16 |
Prata | Etiopía | 20 |
Bronce | Xapón | 57 |
Nestes campionatos participaron dúas atletas galegas, Sandra Mosquera e Paula Mayobre, as dúas en categoría júnior e as dúas representando a España. A viguesa Mosquera quedou no posto 37º, cun tempo de 21'37", mentres que a aresá Mayobre foi 52ª cun tempo de 22'27".