Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°13′36″N 8°45′21″O / 42.22679, -8.75571 |
Localización | Vigo, Galicia |
Construción | |
Inauguración | marzo de 2001 |
Estadio | |
Superficie | Herba artificial |
Dimensións | 106 x 64 |
Capacidade | 1.500 |
Propietario | Concello de Vigo |
Localía | Club Rápido de Bouzas |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.
O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.
Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.