Canadian Radio Broadcasting Commission

Canadian Radio Broadcasting Commission
Tipocadea de radio e radiodifusão pública
Data de fundación1932
Data de disolución1936
Presidente/aHector Charlesworth (en) Traducir (1932-) Editar o valor en Wikidata
PaísCanadá
editar datos en Wikidata ]

Canadian Radio Broadcasting Commission (CRBC) foi a primeira cadea pública de radiodifusión do Canadá, a precursora da Canadian Broadcasting Corporation.

A CRBC creouna por lei en 1932 o goberno de R.B. Bennett seguindo as recomendacións dunha Comisión Real do Parlamento do Canadá que en 1929 recomendara o establecemento dun sistema público de radio e logo dunha campaña de presións da Canadian Radio League para que se cumprise. A cadea botou a andar o 26 de maio de 1932 e existiu ata o 2 de novembro de 1936 cando se reorganizou como empresa pública federal (Crown corporation) baixo o nome de Canadian Broadcasting Corporation.[1] A programación diaria nacional comezou en maio de 1933, ao primeiro dunha hora ao día que se foi incrementando co tempo.

Actividade

[editar | editar a fonte]

A comisión estaba formada por tres persoas e tiña o mandato para regular e controlar todas as emisións de radio no país [2] , así como tamén para crear e transmitir a súa propia programación e para mercar ou constuír emisoras ao longo do país, así e todo os fondos para levar á práctica o seu mandato foron insuficentes polos efectos da Gran Depresión e moitos dos seus programas emitíanos emisoras privadas en gran parte do país[3]. O seu primeiro presidente foi Hector Charlesworth, editor da revista Saturday Night.

Desaparición

[editar | editar a fonte]

A CRBC non cumpriu as expectativas da Canadian Radio League considerando escasa e pobre a súa programación e o principal partido da oposición, o Partido Liberal do Canadá acusábaa de progobernamental.[1]. Durante a campaña das eleccións lexislativas de 1935, a CRBC emitiu unha serie chamada Mr. Sage criticando ao líder da oposición William Lyon Mackenzie King e o seu partido, este incidente foi decisivo na decisión de King de substituíla por unha nova entidade tras gañar as eleccións[1], nese entón tiña 8 estacións propias e 14 afiliadas privadas.[2]

estacións propias da CRBC

[editar | editar a fonte]

Afiliadas á CRBC

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "The Birth and Death of The Canadian Radio Broadcasting Commission (1932-1936) Arquivado 10 de outubro de 2006 en Wayback Machine.," Canadian Communications Foundation, consultado o 19 de novembro de 2010
  2. 2,0 2,1 "The CRTC's Origins" Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Canadian Radio-television Telecommunication Commission
  3. David Ward (editor) Television and public policy, p. 4
  4. "Canadian stations and history". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]