Cando ferve o sangue | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Never So Few |
Director | John Sturges |
Produtor | Edmund Grainger |
Guión | Millard Kaufman |
Baseado en | Never So Few de Tom T. Chamales |
Intérpretes | Frank Sinatra Gina Lollobrigida Peter Lawford Steve McQueen |
Música | Hugo Friedhofer |
Fotografía | William H. Daniels |
Montaxe | Ferris Webster |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 124 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Bélico |
Orzamento | 3 480 000 dólares[1] |
Recadación | 5 270 000 dólares[1][2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cando ferve o sangue (en inglés: Never So Few) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por John Sturges. Está protagonizado por Frank Sinatra, Gina Lollobrigida, Peter Lawford, Steve McQueen, Richard Johnson, Paul Henreid, Brian Donlevy, Dean Jones, Charles Bronson e Philip Ahn, e conta con papeis sen acreditar de actores asiáticos como Mako Iwamatsu, George Takei e James Hong. O guión está vagamente baseado nos feitos reais do incidente OSS Detachment 101, que foi recollido na novela de Tom T. Chamales.[3] A personaxe interpretada por Sinatra, o capitán Tom Reynolds, baséase no oficial e despois shériff Meredith Rhule.[4][5]
Estreouse en galego o 4 de agosto de 1989 a través da TVG.[6]