Canle de Crinan

Modelo:Xeografía físicaCanle de Crinan
Imaxe
Tipocanle Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArgyll and Bute, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 56°00′00″N 5°26′00″O / 56, -5.43333
Composto por
Características
Monumento planificado
Crinan Canal, section from Cairnbaan to Ardrishaig (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data4 de setembro de 1996

Monumento planificado
Crinan Canal, section from Crinan to Cairnbaan (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data4 de setembro de 1996
Editar o valor en Wikidata
Canle de Crinan, case na súa conexión co Loch Crinan

A Canle de Crinan é un canal en Argyll e Bute, no oeste de Escocia, duns 14 quilómetros de longo e que comunica o Loch Gilp co Loch Crinan.

Localización

[editar | editar a fonte]

Leva o nome da vila de Crinan, que está localizada no seu extremo oeste, na ribeira do Loch Crinan, pois xunta esta poboación coa vila de Ardrishaig no Loch Gilp (ao leste). O Loch Crinan é unha baía do estreito de Jura, e o Loch Gilp unha ría do Loch Fyne.

Os traballos para construír a canle comezaron en 1794, e a canle abriuse en 1801 cun deseño orixinal de John Rennie, pero con numerosos erros nas comportas que foron reparados en 1816 por Thomas Telford. O seu propósito era facilitar o transporte comercial entre Glasgow e a foz do Clyde, e as Illas Hébridas, sen ter que dar a volta ao sur da península de Kintyre e en especial, polo cabo de Kintyre, un lugar de mar aberto e perigoso a unhas poucas millas da costa setentrional de Irlanda. O transporte facíase cunhas embarcacións características desta comarca, denominadas puffers.

A canle non presentaba limitacións de altura para os barcos.

Na actualidade a canle úsana embarcacións de lecer, que aforran xornadas de navegación entre a foz do Clyde e as illas occidentais escocesas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]