Cantilena

Os xograres da Idade Media popularizaron as cantilenas a través da súa repetición e representación en diferentes núcleos urbanos e rurais

Unha cantilena,[1] en musicoloxía, é unha canción sinxela e repetitiva.

Os musicólogos describen con ela o tipo de canción ou melodía que, durante o Medioevo, era integrada no canto litúrxico ou na canción profana. Máis especificamente, unha cantilena era, entre os séculos XIII e XV, unha canción polifónica, en particular a chanson francesa. Máis ou menos durante o mesmo período, os ingleses empregaban a palabra para identificar pezas a tres voces con textos relixiosos escritos en latín. Por extensión, desde o século XIX o vocábulo «cantilena» serve para designar unha melodía vocal lírica.

O xénero literario medieval francés era unha canción en lingua vulgar ao mesmo tempo lírica e narrativa. A máis antiga é a Cantilena de Santa Eulalia en pareados asonantes; outras foron a Cantilena de San Farón e a de Guillaume, que non se conservou.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]