A Capitanía Xeneral de Chile foi unha entidade territorial integrante do Imperio español entre 1541 e 1818, establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar do actual país. Culmina coa independencia da República de Chile.
A Capitanía Xeneral foi situada no bordo suroeste de América do Sur xunto ao océano Pacífico, e tamén incluíu todo o territorio da Patagonia oriental ata o océano Atlántico. O seu límite norte foi o deserto de Atacama e o sur era o Polo Sur; porén, só foron realmente ocupados os territorios na zona occidental da Cordilleira dos Andes entre o deserto de Atacama e o Río Biobío, sector coñecido como La Frontera, ademais da cidade-forte de Valdivia e a Illa Grande de Chiloé. A capital da Capitanía era a cidade de Santiago de Nueva Extremadura.[1]
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |