Caprimulxinos Caprimulginae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caprimulgus europaeus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
A dos caprimulxinos (Caprimulginae) é unha das tres subfamilias de aves da orde dos caprimulxiformes nas que, segundo algúns autores, se subdivide a familia dos caprimúlxidos.[1]
A subfamilia foi descrita en 1825 polo político e zoólogo e irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors, [2] no seu traballo:[3]
Os caprimulxinos comprenden once xéneros, con máis de 70 especies.[4]
Son paxaros de tamaño mediano, con ás longas, patas curtas e pico moi curto. Adoitan aniñar no chan. Aliméntanse de insectos voadores. Teñen os pés pequenos, pouco útiles para camiñar, e ás longas e acabadas en punta. A súa suave plumaxe ten unha cor críptica. Algunhas especies póusanse ao longo dunha rama. Isto axuda a ocultalos durante o día. A femia pon dous ovos directamente no chan espido. Son principalmente activos ao final da noite e no inicio da mañá ou pola noite e aliméntanse de insectos voadores grandes. O bico ábrese moi ancho e ten a punta superior lixeiramente enganchada. Son similares na maioría dos aspectos aos outros caprimúlxidos nocturnos, pero xeralmente teñen un pico un pouco máis longo e unha plumaxe moi suave.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caprimulxinos |