(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1994 (30 anos) Columbus, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Pickerington High School Central (en) Universidade de Míchigan | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 87 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2016 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Indiana Pacers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Caris Coleman LeVert, nado o 25 de agosto de 1994 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, LeVert foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Indiana Pacers. O 7 de xullo de 2016, os seus dereitos foron traspasados ós Brooklyn Nets, a cambio de Thaddeus Young.[1] O 14 de xullo asinou o seu contrato de rookie cos Nets.[2] Fixo o seu debut coma profesional o 7 de decembro de 2016 contra os Denver Nuggets.[3]
O 16 de xaneiro de 2021, LeVert foi traspasado ós Indiana Pacers coma parte dun traspaso entre catro equipos.[4][5]
O 6 de febreiro de 2022, LeVert foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Ricky Rubio, unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2022, unha elección da segunda rolda do Draft de 2022, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2027.[6] Tres días máis tarde, o 9 de febreiro, LeVert debutou cos Cavaliers, facendo 11 puntos na vitoria por 105–92 contra os San Antonio Spurs.[7]