Carla Simón Pipó, nada en Barcelona en 1986, é unha directora de cine e guionista española. En 2017 a Academia Española das Artes e das Ciencias Cinematográficas elixiu a súa primeira longametraxe, Estiu 1993 (2017), filmada en catalán, para representar España nos Óscar.
Carla naceu en 1986 en Barcelona e creceu en Les Planes d'Hostoles, unha pequena cidade catalá.[1] Os seus pais morreron de sida cando tiña seis anos, e foi vivir cos seus tíos e cunha curmá algo máis nova á Garrocha. A experiencia vivida foi a cerna da súa primeira longametraxe, filmada enteiramente en catalán Estiu 1993 e estreada en 2017.[2][3]
Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009; estudou o máster en Calidade e Innovación TV organizado por Televisió de Catalunya en 2010 e o máster en Artes na London Film School (bolsa de posgrao da Obra Social "la Caixa"). En Londres dirixiu o documental Born Positive e a curtametraxe de ficción Lipstick.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carla Simón |