Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 2001 (23 anos) Xinzo de Limia, España | ||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m | ||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2023 | 2023 UCI World Ranking (en) (397º) | ||||||||||||||||||||||
2022 | 2022 UCI World Ranking (en) (1307º) | ||||||||||||||||||||||
2022 | UCI Europe Tour de 2022 (pt) (907º) | ||||||||||||||||||||||
2021 | UCI Europe Tour de 2021 (pt) (774º) | ||||||||||||||||||||||
2021 | 2021 UCI World Ranking (en) (1042º) | ||||||||||||||||||||||
2020 | 2020 UCI World Ranking (en) (1988º) | ||||||||||||||||||||||
2020 | UCI Europe Tour 2020 (pt) (1450º) | ||||||||||||||||||||||
2018 | Jogos Olímpicos de Verão da Juventude de 2018 (pt) | ||||||||||||||||||||||
Carlos Canal Blanco, nado en Xinzo de Limia o 28 de xuño de 2001, é un ciclista galego, que corre como profesional nas filas do Movistar. Destaca como rodador.
En 2019 proclamouse campión de España de ciclocrós e mountain bike cross-country, na categoría júnior (sub-19). En outubro, o equipo continental profesional Burgos-BH anunciou a súa fichaxe para as dúas seguintes tempadas.[1][2][3][4]
En 2021 debutou na súa primeira Gran Volta ao entrar no equipo que o Burgos-BH presentou para a Volta a España. Rematou no posto 106º e estivo involucrado en dúas longas escapadas.
En 2022 fichou polo Euskaltel-Euskadi,[5] equipo co que competiu na Volta a España dese verán.[6] Rematou no posto 83º e volveu participar dunha longa escapada, na duodécima etapa.
Na tempada 2023 o seu equipo non foi seleccionado para participar na Volta a España. Participou no mundial de estrada sub-23, onde rematou undécimo.
Ao final desa tempada anunciouse a súa fichaxe por dous anos no Movistar, no que supuxo o seu paso a un equipo World Tour, a máxima categoría do ciclismo profesional.