Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) Iowa, Estados Unidos de América |
Educación | Drake University (en) - xornalista |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, activista polos dereitos das mulleres |
Sitio web | carolhanisch.org |
Carol Hanisch, nada en 1942, é unha xornalista e activista estadounidense do feminismo radical. O seu slogan máis coñecido é “o persoal é político” (The Personal is Political) recollido nun ensaio co mesmo nome, publicado en 1969.[1]
Formada en xornalismo pola Universidade Drake, uniuse en 1965 ó Movemento de Dereito Civil do Mississippi onde entendeu a forza da unión en loitas de minorías contra a opresión.[2]
É fundadora do grupo Mulleres Radicais de Nova York (New York Radical Women), tamén editou o libro Redstockings, Feminist Revolution, publicado en 1975 e creou o xornal Meeting Ground, un impreso que circulou dende 1978 até 1992.
Unha das súas accións máis importantes foi a protesta contra o concurso Miss América de 1968.[3] Carol foi unha das catro mulleres, que interrompeu o proceso. A tensión creada atraeu moita atención para o Movemento de Liberación da Muller.[2]
Hanisch participou tamén de diversas outras loitas, tales como as contra o racismo, o apartheid na Suráfrica, e o imperialismo americano.[2]