(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1967 (57 anos) Mülheim an der Ruhr, Alemaña |
Educación | Universidade Harvard Universidade de Frankfurt London School of Economics |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, historia e ciencia política |
Ocupación | columnista (2014–), xornalista, escritora, escritora de non ficción, activista LGBT |
Empregador | Spiegel-Verlag (pt) (1998–2006) Süddeutsche Zeitung (pt) Die Zeit (pt) Universidade Yale |
Participou en | |
4 de xaneiro de 2021 | Diálogo por Cataluña |
Familia | |
Pai | Manfred Emcke |
Premios | |
| |
Sitio web | carolin-emcke.de |
Carolin Emcke, nada en Mülheim an der Ruhr o 18 de agosto de 1967, é unha xornalista, escritora e filósofa alemá.[1]
Realizou os seus estudos universitarios de filosofía, política e historia na Universidade Johann Wolfgang Goethe de Frankfurt, na London School of Economics e na Universidade de Harvard, doutorándose en filosofía en Frankfurt con Axel Honneth coa tese Kollektive Identitäten: sozialphilosophische Grundlagen.[2]
Escribe periodicamente no xornal Süddeutsche Zeitung e foi redactora e reporteira internacional para as publicacións Die Zeit e Der Spiegel, período durante o que traballou como correspondente de guerra durante catorce anos[1] e viaxou a varias zonas en conflito como Colombia, Kosovo, Iraq ou Afganistán. Actualmente (2018) combina o seu labor xornalístico co comisariado e a presentación dos ciclos de charlas 'Streitraum' no teatro Schaubühne na Lehhniner Platz de Berlín e 'ABC der Demokratie' en Hannover.[3]
Emcke impartiu docencia sobre teoría política e xornalismo en varios centros, como a Universidade de Yale. O seu labor de denuncia da violencia e en favor dos dereitos humanos fixérona merecedora do Premio da Paz dos libreiros alemáns (2016) que se entrega ao final da Feira do Libro de Frankfurt[4] ou o Premio Theodor Wolff outorgado polo gremio de xornalistas de Alemaña (2008), entre outros galardóns.[1] É autora de varios libros, como Stumme Gewalt. Nachdenken über die RAF («Violencia muda. Reflexións sobre a RAF», S. Fischer, 2008) e, en castelán, Contra el odio (Taurus, 2017) e Modos del deseo (Tres puntos, 2018).[3]
Contra el odio, o seu ensaio máis coñecido e que foi best-séller en Alemaña, trata de como o odio «non é a expresión dun sentimento individual, non é espontáneo, é fabricado e require certo marco ideolóxico» que debe ser e é alimentado.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carolin Emcke |