(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carolina Ortega Yuste 30 de xullo de 1991 (33 anos) Badaxoz (España) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Premios | |
| |
Carolina Ortega Yuste, nada en Badaxoz o 30 de xullo de 1991, é unha actriz española, gañadora do premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en Carmen y Lola (2018).[1]
Carolina Ortega Yuste naceu en Badaxoz. Tras formarse en Madrid na Real Escuela Superior de Arte Dramático e no centro de investigación teatral La Manada, comezou a traballar no teatro con Las brujas (2012).[2]
Iniciou a súa experencia no cinema en 2016 participando na longametraxe Historias románticas (un poco) cabronas, de Alejandro González Ygoa, unha "anti-comedia romántica" de cinema independente realizada con 11 técnicos e 32 actores e actrices novas e sen apenas orzamento.[3] Continuou coa curtametraxe Libélulas (2017) de Alba Pino.[4] Ese mesmo ano chegou tamén o seu primeiro traballo na televisión co papel de Dorita en La sonata del silencio.[5]
En 2018 participou na rodaxe de Carmen y Lola dirixida por Arantxa Echevarría que a situou na primeira liña da interpretación no cinema coa personaxe de Paqui. En febreiro de 2019 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo no filme. Ao recibir o galardón salientou "o valor dun proxecto cinematográfico en que o 70 por cento son mulleres en postos de decisión".[6] Ademais, tivo un papel secundario no filme Quién te cantará, dirixido por Carlos Vermut.[7] Un ano máis tarde formou parte do elenco da serie Brigada Costa del Sol protagonizada por Hugo Silva, Álvaro Cervantes, Miki Esparbé e Jesús Castro[8][9] mentres continuou coa xira coa obra teatral Hablar por hablar baixo a dirección de Fernando Sánchez Cabezudo.[2]
En 2019 continuou a súa carreira no teatro con Suaves que coprotagonizou con Esther Ortega.[10] En 2020 protagonizou a longametraxe de acción de Daniel Calparsoro Hasta el cielo, xunto a Miguel Herrán e Asia Ortega.[11]
Ano | Título | Personaxe | Ref. |
---|---|---|---|
2016 | Historias románticas (un poco) cabronas | Ana | |
2018 | Quién te cantará | Ana | |
Carmen y Lola | Paqui | [12] | |
2020 | Hasta el cielo | Estrella | [13] |
2021 | El cover | Margarita, imitadora de Amy Winehouse | [14] |
Chavalas | Desi | [15] | |
Sevillanas de Brooklyn | Ana | [16] | |
La familia perfecta | Sara | [17] | |
2022 | Girasoles silvestres | Maite | [18] |
2023 | Chinas | Amaya | [19] |
Saben aquell | Conchita | [20] | |
2024 |
La infiltrada | Aranzazu Berradre Marín |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carolina Yuste |