Nome orixinal | (fr) Séverine |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Caroline Rémy 27 de abril de 1855 París, Francia |
Morte | 24 de abril de 1929 (73 anos) Pierrefonds, Francia |
Lugar de sepultura | Pierrefonds |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | activista, empresario de medios, activista polos dereitos das mulleres, escritora, xornalista, editora literaria |
Partido político | Partido Comunista Francés (1921–) Sección Francesa da Internacional Obreira (1918–) |
Pseudónimo literario | Séverine Arthur Vingtras Séverin |
Familia | |
Cónxuxe | Adrien Guébhard (1885–1924) Antoine-Henri Montrobert (1871–1885) |
Parella | Georges de Labruyère (1885–1920) Jules Vallès |
Fillos | Roland Guebhard () Adrien Guébhard |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) |
Caroline Rémy de Guebhard, nada en París o 27 de abril de 1855 e finada en Pierrefonds o 24 de abril de 1929, foi unha anarquista, xornalista e feminista francesa, máis coñecida baixo o pseudónimo literario de Séverine.[1][2]
Arredor de 1880, Rémy involucrouse na publicación socialista de Jules Vallès, Cri du Peuple, da que tomou o control un tempo despois debido á mala saúde de Vallès.[3] Cada vez máis militante nos seus puntos de vista, fíxose amiga da súa compañeira xornalista e feminista Marguerite Durand, mais tras un enfrontamento co marxista Jules Guesde, deixou o xornal en 1888. Continuou a escribir noutras publicacións, promovendo a emancipación da muller e denunciando inxustizas sociais de todo tipo, incluíndo o caso Dreyfus. De feito, o 31 de xullo de 1892 e debido a este caso, Rémy converteuse na primeira xornalista da historia que entrevistou un papa, León XII.[4] Uns anos despois, en 1897, comezou a escribir para o xornal feminista La Fronde[5] creado e dirixido por Durand.[6]
Apoiou a Revolución Rusa de 1917 e, en 1921, uniuse ao Partido Comunista Francés. Non obstante, só uns anos despois abandonou o para manter a súa pertenza á Ligue des droits de l’homme (et du citoyen).[7] Como defensora incondicional da esquerda, Rémy apoiou algunhas das causas anarquistas máis importantes da época, como a defensa de Germaine Berton, e tamén participou nos esforzos de 1927 para salvar os anarquistas italianos Sacco e Vanzetti.[8]
Bernard Lecache, membro fundador do Comité de Honor da Liga Internacional Contra o Antisemitismo (LICA) escribiu a súa biografía. O seu retrato foi pintado por Pierre-Auguste Renoir en 1885 e atópase na National Gallery of Art de Washington.[3]
Pouco antes do seu falecemento participou na campaña de apoio á candidatura do médico Albert Besson, elixido conselleiro do distrito de Saint-Fargeau, conselleiro xeral do Sena, logo vicepresidente do Consello de París e do Consello xeral do Sena. Rémy faleceu en 1929 na súa casa de Pierrefonds, departamento de Oise, na rexión de Picardía, en Francia. Algúns dos seus documentos localízanse na Bibliothèque Marguerite Durand de París. En 1933, en memoria de Séverine, Besson fixo que o Consello de París votase a atribución do nome "Séverine" á praza que creara por iniciativa del Porte de Bagnolet (París XX).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caroline Rémy de Guebhard |