Carpobrotus acinaciformis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Carpobrotus acinaciformis (L.) L. Bolus, 1927 |
A Carpobrotus acinaciformis é unha especie de planta suculenta perenne nativa de Suráfrica pertencente á familia Aizoaceae.
Planta perenne suculenta de follas grosas, crasas de 4-13 cm, opostas de sección triangular. Ten un porte rastreiro con talos longos moi ramificados (até 1,5 m). Con grandes flores de cor maxenta (até 12 cm) solitarias e terminais.[1] Falsos estames purpúreos, o que a diferenza de Carpobrotus edulis.[2]
Son amplamente cultivadas, especialmente para fixación de dunas e noiros. Naturalizóse en Europa a finais do s. XVII en zonas próximas ao mar.
Presenta un marcado carácter invasor debido fundamentalmente á súa capacidade de multiplicación vexetativa (reprodución asexual por agamospermia) e reprodución sexual. Roedores e gaivotas dispersan os froitos, mentres que o seu sabor desagradable limita o control por parte de herbívoros.[1]
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España, salvo Canarias, a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]
Carpobrotus acinaciformis foi descrita por (L.) L. Bolus e publicado en Fl. Pl. South Africa 7: t. 247 1927.[4]
Carpobrotus: nome xenérico que deriva do grego karpos (froita) e brota (comestible) e refírese a que son froitas comestibles.[5]
acinaciformis: epíteto latino que significa "con forma de cimitarra".[6]
Falsos estambres purpúreos