Carqueixa boieira Halimium lasianthum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Halimium lasianthum | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Halimium lasianthum Spach | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A carqueixa boieira,[1] Halimium lasianthum, é unha especie de planta fanerógama arbustiva da orde das malvales e familia das cistáceas, unha das comprendidas no xénero Halimium.
De até un metro de altura, ten follas oblongas e flores reunidas en grupos con pétalos amarelos.
Non confundir con carqueixa (Genista tridentata).
A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 6: 366.[2]
Coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
Recoñécense dúas subespecies:[2]
Orixinaria da Península Ibérica (Portugal, oeste de España), do suroeste de Francia e do noroeste de África (Marrocos),[3] é un arbusto perennifolio que crece até 1 m de altura por 1,5 m de ancho, con follas de cor verde agrisada e flores amarelas brillantes na primavera. As flores poden ter unha mancha granate na base de cada pétalo.[4][5]
Para cultivar esta planta requírese un solo areoso e pleno sol.[6]