Queiroga de Irlanda | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Queiroga de Irlanda (E. erigena) en flor con toxos (Ulex), Lough Carrowmore, oeste de Irlanda | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A queiroga de Irlanda ou carroucha de Irlanda[1] (Erica erigena) é unha especie de uz (plantas de flor da familia Ericaceae, nativas dos cantís e uceiras da Europa atlántica (Irlanda, suroeste de Francia, Galiza, Cornixa Cantábrica, Portugal e Tánxer). É un arbusto perenne que acada os 75 cm coa follaxe algo feble e flores dunha cor rosa intensa e recendo a mel no inverno e na primavera.[2][3] Aparece no oeste de Irlanda, separada das poboacións galegas ou mediterráneas, polo que poderíase tratar dunha poboación asilvestrada a partir de xardíns.[4]
Cultívase tamén coma planta ornamental coma cobertora con outras uces e coníferas ananas. Como as demais uces é calcífuga, preferindo terreos asollados e con solos acedos ben drenados. Desenvolvéronse numerosos cultivares para xardinaxe. Os seguintes gañaron o premio de mérito da Royal Horticultural Society inglesa: