Casa Señorial de Kabile

A Casa Señorial de Kabile

A Casa Señorial de Kabile (en letón: Kabiles muižas pils) é unha casa señorial situada na rexión histórica de Curlandia, no municipio de Kuldīga, ao oeste da actual Letonia.

Construída en estilo barroco entre 1734 e 1740 por Eleonora von Behr,[1] foi remodelada na década de 1860.

Nesta mansión naceu en 1815 o aristócrata, paleontólogo, naturalista, xeólogo, botánico e zoólogo Alexander von Keyserling.

  1. Latvijas Piļu un Muižu asociācija. "Kabile Manor". Latvijas Piļu un Muižu asociācija. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]