A casa Trinxet foi un edificio obra de Josep Puig i Cadafalch localizado na rúa Còrsega 268 de Barcelona. Foi construído entre 1902 e 1904 e foi derrubado en marzo de 1967 entre fortes protestas do sector cultural e dos profesionais da arquitectura, cunha grande atención polos medios de comunicación.
Tratábase dunha obra de transición do período modernista cara ó racionalista do arquitecto Puig i Cadafalch cunha imaxe claramente influída pola sezession e con influencia de Olbrich.[1] Se ben a estrutura e distribución eran pouco sofisticadas e baseábanse na domus romana, a actividade do equipo de artesáns habitual do arquitecto (Homar, Arnau, Rigalt, Ballarin e Juyol) fora tan intensa e rica como a que se pode ver noutras obras contemporáneas do autor como o palau del Baró de Quadras ou a casa Amatller. Neste caso, e por razóns familiares do propietario, elixiuse ó xove Joaquim Mir cunhas pinturas murais abraiantes e innovadoras.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Trinxet |