Casa casino | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The House |
Director | Andrew Jay Cohen |
Produtor | Brendan O'Brien Andrew Jay Cohen Joe Drake Jessica Elbaum Nathan Kahane Will Ferrell Adam McKay |
Guión | Brendan O'Brien Andrew Jay Cohen |
Intérpretes | Will Ferrell Amy Poehler Jason Mantzoukas Nick Kroll Allison Tolman Michaela Watkins Jeremy Renner |
Música | Andrew Feltenstein John Nau |
Fotografía | Jas Shelton |
Montaxe | Evan Henke Mike Sale |
Estudio | |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | TCL Chinese Theatre: 30 de xuño de 2017 30 de xuño de 2017 17 de febreiro de 2021 (TVG) |
Duración | 88 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 40 millóns de dólares[3] |
Recadación | 34,2 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://www.thehousemovie.com/ | |
Casa casino (en inglés: The House) é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Andrew J. Cohen, e co-escrito por Cohen e Brendan O'Brien. Está protagonizado por Will Ferrell, Amy Poehler, Jason Mantzoukas, Ryan Simpkins, Nick Kroll, Allison Tolman, Rob Huebel, Michaela Watkins e Jeremy Renner, e conta a historia dunha parella que abre un casino ilegal na casa do seu amigo para poder pagar a universidade da súa filla. A rodaxe comezou o 14 de setembro de 2015 nos Ánxeles. Estreouse o 30 de xuño de 2017 a través de Warner Bros. Pictures, recibindo valoracións negativas por parte da crítica[3] e recadando 34 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 40 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 17 de febreiro de 2021 a través da TVG.[5]