A Casa de Nariño, tamén chamada Palacio de Nariño, é a residencia oficial do Presidente de Colombia e é a sede de goberno do país. Atópase situada no centro histórico de Bogotá.
O Palacio de Nariño ou de la Carrera (como se chamaba antigamente), foi inaugurado o 20 de xullo de 1908 e construído nos predios da casa natal de Antonio Nariño.[1][2] O deseño estivo a cargo dos arquitectos Gastón Lelarge e Julián Lombana.
En 1979 foi reinaugurado despois de engadirlle novas construcións. O palacio alberga obras de arte e mobiliario de diferentes épocas da historia colombiana.
Nos seus xardíns atópase o primeiro Observatorio Astronómico construído en América, deseñado e levantado en 1803 polo arquitecto capuchino Frei Domingo de Petrés e cuxo primeiro director foi José Celestino Mutis.[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Nariño ![]() |