Castelán caribeño | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español caribeño | |
Falado en: | Florida, as Antillas, Panamá e norte de Suramérica. | |
Rexións: | O Caribe | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán caribeño | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
O castelán caribeño é o nome xeral dos dialectos españois falados na rexión caribeña.[1] É predominante nas Antillas maiores e a bacía do Caribe, falándose nos territorios insulares de Cuba, a República Dominicana, Porto Rico, e en territorios continentais de Colombia, Venezuela e Panamá, así como en territorios do estado de Florida, nos Estados Unidos.
Recoñécese pola notable influencia dos dialectos canario e andaluz (polo contacto histórico entre os portos),[2] a grande influencia africana e as palabras do taíno. Tamén é a variedade do castelán que máis se escoita en Miami e Nova York (Estados Unidos) e é o empregado polos cantantes de salsa, merengue, bachata e reguetón.