Castelán guatemalteco | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español guatemalteco | |
Falado en: | Guatemala | |
Total de falantes: | 16,8 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán guatemalteco | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala | |
Regulado por: | Academia Guatemalteca da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán guatemalteco é a variedade do castelán falado en Guatemala. Foneticamente, presenta yeísmo para o /ll/ e o /y/. O seseo, ao igual que no castelán de América Latina, tamén se dá ocasionalmente, sobre todo nas clases populares. En Guatemala é adoito o uso de voseo, característica principal do país.
En Guatemala, o castelán é oficial, mais tamén é empregado como segunda ou terceira lingua por moitos dos seus habitantes, xa que a súa poboación está composta por unha gran variedade de grupos étnicos que conforman arredor do 41 % do total da poboación. Existen 25 linguas no país en total: 22 delas son linguas maias, faladas principalmente nas áreas rurais, o xinca (illada) falado no sueste do país, o garífuna (parte das linguas arauacas) falado na costa do Atlántico e o castelán na súa maioría nas áreas urbanas.[2] En Guatemala, o 60 % fala castelán como lingua materna,[3] e en total, o 86,40 % como primeira ou segunda lingua.[2]