Castelán venezolano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español venezolano | |
Falado en: | Venezuela | |
Total de falantes: | 32 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán venezolano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Venezuela | |
Regulado por: | Academia Venezolana da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán venezolano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Venezuela, polo xeral achegado ao castelán caribeño. Debido a que a Constitución venezolana, no seu artigo noveno sinala «O idioma oficial é o castelán.»,[2] existe unha preferencia marcada no uso desa denominación, aínda que non se rexeita o termo «español». Á súa vez, dentro do país fálase con distintos acentos, e pola ambigüidade do termo «dialecto» non se catalogan formalmente a nivel académico como tales, malia as diferenzas salientables, incluíndo o voseo e o ustedeo.
Artigo 9. O idioma oficial é o castelán. Os idiomas indíxenas tamén son de uso oficial para os pobos indíxenas e deben ser respectados en todo o territorio da República, por constituír patrimonio cultural da Nación e da humanidade.