Castelán medieval | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Castelán antigo | |
Falado en: | Castela | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán medieval | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | osp | |
ISO 639-3: | osp
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán medieval, tamén coñecido como castelán antigo ou romance castelán,[1] refírese ás variantes do castelán faladas na Península Ibérica entre o século IX até entrado o século XV aproximadamente; máis especificamente, antes de que ocorrese o reaxuste consonántico que daría orixe ao castelán contemporáneo. A primeira obra extensa da literatura en castelán medieval é o Cantar de mio Cid ou Poema de mio Cid, creado a finais do século XII ou comezos do século XIII por autor anónimo.