Castelán nicaraguano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español nicaraguano | |
Falado en: | Nicaragua | |
Total de falantes: | 6,2 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán nicaraguano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Nicaragua | |
Regulado por: | Academia Nicaraguana da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa[2] | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán nicaraguano é a variedade do castelán falado en Nicaragua. O castelán nicaraguano tamén é chamado a miúdo como nicañol.[3] O castelán nicaraguano comparte moitos trazos comúns coas variedades veciñas da rexión, mais tamén conta con diferenzas de pronuncia e uso da lingua.
Nicaragua ten a porcentaxe máis alta entre tódolos países de América Central de uso de voseo, é dicir, o uso do pronome vos para a segunda persoa do singular, no canto do tú do castelán de España. Neste senso é semellante ao uso da lingua que se fai na Arxentina e no Uruguai, no coñecido como castelán riopratense. Vos é usado de maneira adoita en situacións familiares e coloquiais. O uso de "vos" pode escoitares en medios de comunicación e pode verse escrito en publicacións.[4]
Na Rexión Autónoma do Atlántico Norte e na Rexión Autónoma do Atlántico Sur, a lingua e a pronuncia está fortemente influída polas linguas indíxenas e crioulas, como o miskito, o rama, o sumo, o inglés crioulo nicaraguano, o patois xamaicano, o garífuna e o crioulo de Rama Cay.