Castelán nos Estados Unidos de América | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Castelán estadounidense | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Total de falantes: | 58 200 000 en total 41,8 millóns (primeira lingua) 15,8 millóns (segunda lingua)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán nos Estados Unidos de América | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Regulado por: | Academia Norteamericana da Lingua Española | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa[2] | |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
Os Estados Unidos conta con 41 millóns de persoas que falan castelán como primeira lingua (2016),[3] sendo o castelán a segunda lingua máis falada dos Estados Unidos. O castelán é a lingua máis estudada, despois do inglés, nos Estados Unidos,[4] con arredor de seis millóns de estudantes.[5] Con máis de 50 millóns de falantes nativos e como segunda lingua, os Estados Unidos é o segundo país con maior poboación de falantes de castelán do mundo, só por detrás de México,[6] aínda que non é lingua oficial do país.[7] Arredor de tódolos falantes de castelán nos Estados Unidos declararon dominar o inglés "moi ben" de acordo co censo de 2000.[8] Ese dato incrementou ao 57% na enquisa American Community de 2013–2017.[9] Os Estados Unidos de América contan coa súa propia academia da lingua, Academia Norteamericana da Lingua Española.[10]