Catarina[1][2][3][4] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego (Αἰκατερίνα, de katharós 'puro', co significado de 'pura', 'inmaculada', 'graciosa'). En galego tamén conta coas variantes Cateliña, Catalina e Cataliña, e o hipocorístico Catela.[2] Tamén existe a variante Catuxa, moi documentada[5] e usada tamén como diminutivo. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.
En xaneiro de 2023 existían 163 mulleres en Galicia co nome Catarina, cunha media de idade de 30,3 anos,[6] 209 co nome Catuxa, cunha media de idade de 24,4 anos,[7] e 987 co nome Catalina, cunha media de idade de 38,8 anos.[8] Non hai persoas rexistradas coas variantes Cateliña ou Cataliña.
O nome provén do grego Αἰκατερίνα ou Αἰκατερίνη (Aikaterina, Aikaterinē), de etimiloxía descoñecida. A primeira referencia de uso do nome é a de Santa Catarina de Alexandría. A teoría de que o nome vén de Hécate, nome da deusa grega da maxia, disque é improbábel[9].
O nome asóciase tamén co adxectivo grego καθαρός (katharos), que significa "puro", que leva á escritura das variantes inglesas do nome Katharine (máis frecuente nos Estados Unidos) e Katherine (máis corrente en Gran Bretaña)[10]. A forma cun e no medio (Caterina) documéntase tamén en galego.
Existen tres parroquias en Galiza onde Santa Catarina é padroa, unha delas coa variante do nome Catalina (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catarina e Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catalina).
Santa Catalina é tamén o nome de senllos lugares en Godos (Caldas de Reis) e Buño (Malpica de Bergantiños). Ademais, Santa Cateliña é un lugar da parroquia do Mundil (Cartelle); e Santa Cataliña é un lugar da parroquia de Tal (Muros).
En xaneiro de 2016, 147 mulleres levaban o nome de Catarina en Galiza[11]. A variante Catuxa lévana 65 mulleres en Galiza[12].
29 de abril: Santa Catarina de Siena.
25 de novembro: Santa Catarina de Alexandría.
A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, occitano e italiano.[14]
Variantes noutras linguas | |
---|---|
Albanés | Katrina |
Alemán | Katharina |
Bretón | Katell |
Búlgaro | Екатерина (Ekaterina) |
Castelán | Catalina, Katia, Karen, Catina |
Catalán | Caterina |
Checo | Kateřina |
Croata | Katarina |
Dinamarqués | Katharina |
Eslovaco | Katarína |
Esloveno | Ekaterina |
Estoniano | Katariina |
Éuscaro | Katarin, Katalin, Katixa |
Finés | Katariina |
Francés | Catherine |
Galego | Catarina, Catuxa |
Grego | Αικατερίνη (Aikaterínê) |
Holandés | Catharina, Katrijn |
Húngaro | Katarina, Katalin |
Inglés | Katherine, Catherine, Karen, Katie |
Irlandés | Caitríona, Caitrín, Catraoine, Caitlín |
Islandés | Katrín |
Italiano | Caterina |
Latín | Catharina |
Letón | Katrīna |
Lituano | Katerina |
Noruegués | Katarina |
Polaco | Katarzyna |
Portugués | Catarina, Catalina |
Romanés | Ecaterina, Catalina |
Ruso | Екатерина (Yekaterina), Каренина (Karenina), Катя (Katya) |
Sardo | Catalìna |
Sueco | Katarina |
Ucraíno | Катерина (Kateryna) |
Xeorxiano | ეკატერინე (Ekaterine) |