(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1953 (71 anos) Almería, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Fenda de xénero, desigualdade de xénero e Brecha dixital |
Ocupación | Catedrática de Estrutura Económica |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Cecilia Castaño Collado, nada en Almería o día 10 de febreiro de 1953, é doutora en Ciencias Políticas, catedrática de Economía Aplicada e profesora da Universidade Complutense de Madrid. É experta en tecnoloxías da información e o seu efecto sobre o emprego e o traballo das mulleres. Realizou numerosas investigacións sobre a fenda dixital de xénero e o acceso das mulleres á Sociedade da Información.[1] En 2006 creou o Programa de Investigación sobre Xénero e Sociedade da Información da Universidade Aberta de Cataluña (UOC)ide. Foi investigadora visitante das universidades de Harvard, Massachusetts Institute of Technology e Berkeley.[2]
Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid en 1974 e se doutorou en 1983 coa tese La Industria del Automóvil en España: Efectos de los procesos de cambio tecnológico sobre las condiciones del mercado de trabajo. [3]
En 1975 comezou a súa carreira docente na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UCM, na que que desde 1992 é Catedrática.
A mediados dos anos 90, reorientou a súa traxectoria investigadora desde os estudos sobre o impacto do cambio tecnolóxico no mercado de traballo á análise da relación entre xénero e tecnoloxías da información publicando en 1999 o traballo Diferencia o discriminación. La situación de las mujeres en el mercado de trabajo y el impacto de las tecnologías de la información.[4]
En 2005 publicou Las mujeres y las tecnologías de la información. Internet y la trama de nuestra vida. Un libro no que analiza en que medida e por que vías contribúen as tecnoloxías da información á plena incorporación das mulleres á actividade económica e social e os seus efectos, expondo as novas formas de desigualdade de xénero producidas polo analfabetismo dixital.[5]
De 2006 a 2012 dirixiu o programa de investigación Género y TIC Arquivado 19 de marzo de 2020 en Wayback Machine. na Universitat Oberta de Catalunya, creado para analizar as barreiras á incorporación e permanencia das mulleres nos estudos universitarios, a investigación e as empresas do ámbito das tecnoloxías da información, así como das políticas que desde distintos ámbitos póñense en práctica para superar ditas barreiras.
Tamén lidera o Observatorio e-Igualdade da Universidade Complutense de Madrid que desde 2006 estuda a situación da incorporación da muller a Internet en España e Europa.[6]
En 2008 publicou La segunda brecha digital incorporando ao debate sobre a fenda dixital de xénero a necesidade de pór atención non só na conectividade senón no uso que homes e mulleres fan da tecnoloxía.[7][8]
En 2015 dirixiu o libro colectivo Las mujeres y la gran recesión no que se analiza os datos da crise e a súa repercusión sobre os dereitos das mulleres.[9]
É membro do Consello Editorial da Colección Feminismos da Editorial Cátedra e membro do Consello de Redacción da revista Política e Sociedade da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía (desde 1997) e colabora en diversos medios de comunicación.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cecilia Castaño |