Cefalotina

Cefalotina
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefalotina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas. Foi comercializada a inicios dos anos sesenta. Xa non se comercializa en moitos países, sendo descatalogada pola FDA[1]

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefalotina presenta actividade fronte a bacterias grampositivas, tales coma Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e algunhas especies de Streptococcus. Ten menor actividade fronte a bacterias gramnegativas (Escherichia coli, Moraxella catarrhalis, Klebsiella pneumoniae e Proteus mirabilis)[2].

Dosificación

[editar | editar a fonte]

Unicamente existe formulación intravenosa. A dose convencional é de 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal con filtrado menor de 50.

Embarazo e lactación

[editar | editar a fonte]

Cefalotina está catalogada coma A segundo as autoridades australianas, polo que se pode empregar durante o embarazo. Detéctanse trazas de cefalotina no leite materno polo que se recomenda precaución no seu uso durante a lactación[3].

  1. "Posicionamento da FDA sobre cefalotina" (en inglés). Consultado o 13 setembro 2018. 
  2. C. W. Godzeski (26 setembro 1962). "Cephalothin, a New Cephalosporin with a Broad Antibacterial Spectrum" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 setembro 2018. 
  3. "Ficha técnica de "cefalotina" do departamento de Saúde do goberno de Australia" (en inglés). 25 de agosto de 2018. Consultado o 13 setembro 2018.