Cefepime | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefepime é un antibiótico beta-lactámico pertencente á cuarta xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo o nome de Maxipime.
Cefepime posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue[1]:
Bacterias grampositivas
Bacterias gramnegativas
En España, a Axencia Española de Medicamentos aprobou as seguintes indicacións: infección respiratoria, infección de pel e partes brandas, infección urinaria, infección abdominal, infección xinecolóxica, meninxite bacteriana e neutropenia febril.
Unicamente existe formulación inxectable. A dose oscila entre 1 e 2 gramos cada 8 ou 12 horas. Debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30)[2]. .
Cefepime non mostrou danos en modelos animais, pero non existen estudos controlados durante o embarazo (pertence por tanto á categoría B da FDA). Excrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu emprego[3].
Ademais dos efectos secundarios habituais das cefalosporinas, destaca certa toxicidade neurolóxica (encefalopatía, confusión, mioclonías, convulsións), especialmente en pacientes con insuficiencia renal cando se empregan altas doses.