Cefminox | |
---|---|
![]() | |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefminox é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. En España foi comercializado baixo o nome de Tencef.
Cefminox é activo fundamentalmente fronte a bacterias gramnegativas tanto aerobias coma anaerobias. É activa fronte a diversas enterobacterias coma Escherichia coli. Ten importante actividade anaerobicida, especialmente fronte a Bacteroides. Non é activo fronte a Enterobacter, Citrobacter, Serratia e outros bacilos gramnegativos non fermentadores[1].
A dose convencional é de 2 gramos cada 12 horas. Soamente existe formulación parenteral (dispoñible so nalgúns países). Non hai datos de seguridade en insuficiencia renal.
Non hai datos suficientes para facer recomendacións categóricas[2].
A administración conxunta con aminofilina pode descender a actividade do fármaco. Non se debe mesturar con alcol por risco de efectos secundarios.