Cedoideos Cephoidea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hartigia linearis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
A dos cefoideos (Cephoidea) é unha pequena superfamilia de insectos himenópteros pertencente á suborde dos sínfitos.[1]
Tanto a superfamilia como a familia foron descritas e 1835 polo entomólogo, botánico e escritor inglés Edward Newman.[2][3]
Os nomes científicos da superfamilia e da familia están formados ambos os dous sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cephus, coa adición dos sufixos -oidea e -ĭdae, propios son nomes da superfamilias e as familias de animais respectivamente.
A superfamilia na actualidade (2021) comprende unicamente unha familia con especies viventes, a dos céfidos (Cephidae),[1] pero coñécese tamén unha familia fósil, a dos sepúlcidos (Sepulcidae),[2] cada unha delas con algo máis de 25 xéneros.[4] [5]
A familia dos céfidos conta con seguintes xéneros:[6]
A maioría das especies encóntranse no hemisferio norte, especialmente en Eurasia.
Son excepcionalmente esveltos comparados con outros sínfitos, e a miúdo parécense a outros tipos de avespas. Son os únicos sínfitos que carecen do ovipositor recto, que posúen o resto das especies do grupo.
As larvas perforan os caules de varias plantas, especialmente de gramíneas, pero tamén doutras plantas herbáceas, arbustos e árbores. Unhas poucas especies son pragas de cereais (por exemplo Cephus cinctus, que ataca ao trigo).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cefoideos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cefoideos |