Centropomidae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Centropomus undecimalis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
ver texto |
Os Centropómidos (Centropomidae) son unha familia de peixes mariños e algúns de auga doce incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por ríos de América e polo océano Atlántico.
Teñen cabeza grande e algo deprimida dorsalmente, con boca grande e protráctil e a mandíbula inferior moi prominente. Preopérculo aserrado con 1-2 espiñas. Liña lateral continua e algo arqueada.
Dúas aletas dorsais separadas, con 7 a 8 espiñas na primeira e 1 espiña e 8-11 raios brandos na segunda, mentres que a anal ten 3 espiñas e 6-9 raios brandos. As pelvianas, cunha espiña e 5 raios brandos, insírense detrás das pectorais.
Actualmente considérase integrada por un único xénero con 12 especies, pero ata ai pouco incluía tamén os xéneros Hypopterus, Lates e Psammoperca, hoxe clasificados dentro da familia Latidae.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centropómidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centropómidos |