Centruroides gracilis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Centruroides gracilis (Latreille, 1804) |
Centruroides gracilis é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinaria de partes do norte de Centroamérica, incluíndo México, Guatemala, Belize e Honduras. Tamén está presente noutras partes como unha especie introducida, incluíndo Cuba, Panamá, Colombia, Ecuador, Xamaica[1] e Florida, nos Estados Unidos. Tamén está presente en partes de África, incluíndo o Camerún e Gabón, así como nas Illas Canarias.[2]
En Florida, é unha especie simpátrica con dúas especies nativas de Centruroides, Centruroides hentzi e Centruroides guianensis.[3] Esta especie é ás veces mantida como mascota.[4]
O escorpión vive baixo as pedras e na casca das árbores. Cando ten a oportunidade, vive nos muros das casas e baixo pilas de lixo nos xardíns.[2]
Este escoropión aliméntase de insectos como as cascudas.[5] Os escorpións en catividade poden ser alimentados con térmites ou grilos.[6]