![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII ![]() |
Morte | século XII ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Cultura de Occitania ![]() |
Ocupación | trobador, poeta, compositor ![]() |
Período de actividade | 1135 ![]() ![]() |
Movemento | Música medieval (pt) ![]() ![]() ![]() |
Cercamon, foi un dos primeiros trobadores en lingua occitana, activo entre 1135 e 1152. Nado na Gascuña, parece ser un bufón ou trobeiro que pasou a meirande parte da súa carreira na corte de Guillerme X, que destacou pola súa protección das artes. Foi o creador do planh (unha elexía de tipo provenzal), a primeira delas adicada precisamente a Guillerme X e que comezaba dicindo Lo plaing comenz iradamen. Tamén se lle considera creador do tenso (un tipo de regueifa, onde dous poetas altérnanse escribindo unha estrofa cada un).
Descoñecese cal era o seu nome real, así como moitos detalles da súa biografía. Posto que Cercamon, en occitano medieval significa simplemente buscamundos.
A meirande parte da información que temos da súa vida son só rumores ou conxecturas: algúns dos seus contemporáneos aseguran que foi mestre do trobador e paisano seu Marcabrú, para outros foron compañeiros, acollidos e protexidos ambos na corte de Aquitania, en Poitiers, outros consideran que era Marcabrú o mestre de Cercamon. Tamén algúns indicios apuntan a que morreu nas Cruzadas, seguindo ao seu rei, Lois VII.
Consérvanse unhas 7 composicións súas, aínda que ningunha coa súa melodía. Porén, ningunha das pastorelas, as composicións que lle deron máis fama entre os seus contemporáneos, se conserva.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cercamon ![]() |