Cerinthe major | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cerinthe major | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cerinthe major' L. |
A Cerinthe major é unha planta da familia das Boraginaceae.
Planta anual, glabra, de 15-80 cm de altura. Talo erecto, ramificado. Follas verde-azuladas con manchas brancas, con pequenas protuberancias, ciliadas, as inferiores cortamente pecioladas, espatuladas, as superiores sésiles, ovaladas, acorazonadas pola base, de 3-6 cm de longo e até 1,5 cm de ancho. Flores inclinadas, en acios terminais. Esporófilos ovais, con frecuencia de ton violeta, tan longos ou máis que o cáliz. 5 sépalos de lonxitude desigual. Corola amarela, de ton violeta amarronado pola base, na garganta cun anel marrón avermellado, tubular, de 1,5-2 (3) cm de longo e até 8 mm de ancho, máis do dobre de longo que o cáliz. Marxe moi curta, por arriba escotado ou pouco dentado, moi revolto, núcula negruzca, glabra.[1]
Terreos de cultivos e baldíos. Marxes dos camiños.
No Mediterráneo e Portugal.
Indicacións: é utilizado como diurético, antiescorbútico. Usado en ictericia.[2]
Cerinthe minor foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.[3]
Número de cromosomas de Cerinthe major (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=16[4]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerinthe major |