Cezary Wilk

Infotaula de personaCezary Wilk

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Varsovia (Polonia) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua polaca Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2010 Korona Kielce (pt) Traducir 74(5)
2007-2007cesión ŁKS Łódź (pt) Traducir 14(0)
2009-2010 seleção olímpica de futebol da Polônia (pt) Traducir 7(1)
2010-2013 Wisła Kraków 78(4)
2013-2015 Deportivo da Coruña 30(0)
2015- Real Zaragoza Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2007-2008   Polonia sub-21 11(1)
2010-2011   Polonia 2(0) Editar o valor en Wikidata

UEFA: 1905376 Editar o valor en Wikidata

Cezary Wilk, nado en Varsovia o 12 de febreiro de 1986, é un ex-futbolista polaco que xogaba de mediocentro defensivo. Foi internacional coa selección de Polonia.

Debutou na primeira división polaca co Korona Kielce e xogou logo cinco tempadas no Wisła Kraków, co que se proclamou campión de liga na 2010/11. En 2015 converteuse no primeiro polaco en xogar no Deportivo da Coruña, co que logrou o ascenso a Primeira División esa mesma campaña. Pasou despois ao Real Zaragoza, onde apenas puido xogar nas tres tempadas que pasou no club, por mor das súas continuas lesións de xeonllo, que provocaron finalmente a súa retirada pouco despois de cumprir 32 anos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia xogou nas categorías inferiores do club da súa cidade, o Polonia Varsovia, onde xogou ata 2005, cando pasou ao Korona Kielce. Debutou na Ekstraklasa (primeira división polaca) con 19 anos e xogou cinco tempadas no Korona, nunha delas cedido medio ano ao ŁKS Łódź.

En 2010 asinou un contrato de catro anos co Wisła Kraków, e foi parte do equipo que se coroou campión de liga ao ano seguinte. Estivo case catro anos no histórico club de Cracovia, xogando máis de 100 partidos e anotando 7 goles.

O 13 de agosto de 2013 fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, para as dúas seguintes tempadas, converténdose no primeiro polaco en xogar no club galego.[1][2] O seu debut produciuse na segunda xornada do campionato, nunha derrota en Riazor fronte ao Córdoba (0–1). Disputou 20 partidos na súa primeira tempada na Coruña, contribuíndo ao ascenso á Primeira División que comandou Fernando Vázquez.

Co club xa na máxima categoría, disputou 12 encontros máis ata que o 18 de marzo de 2015 sufriu unha fractura nun pé durante un adestramento que o obrigou a pasar polo quirófano.[3] Días máis tarde anunciouse que sería operado o 24 de marzo.[4] O 25 de maio recibiu a alta definitiva, co campionato xa rematado.[5]

O 7 de xullo de 2015, Wilk fichou polo Real Zaragoza cun contrato de dous anos,[6] pero os problemas no seu xeonllo dereito fixeron que só puidese xogar 13 partidos nese tempo. A pesar disto, o Zaragoza renovouno por unha terceira tempadas, aínda que sen ficha, mentres se recuperaba.[7] Con todo non conseguiu recuperarse completamente e o 20 de marzo de 2018 anunciou a súa retirada do fútbol.[8]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Formou parte das seleccións sub-21​​ e sub-23 polacas,​ ata que debutou coa selección absoluta o 10 de decembro de 2010, nun partido contra Bosnia e Hercegovina, onde entrou na segunda parte en substitución de Ariel Borysiuk. A súa participación na selección pechouse xogando outros poucos minutos noutro amigable contra Moldavia. Foi convocado a algúns partidos máis pero sen chegar a saltar ao campo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Wisła Kraków

[editar | editar a fonte]
  1. "Cezary Wilk, presentado como xogador do Dépor para as dúas próximas tempadas". 13 de agosto de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  2. "El primer polaco de la historia del Deportivo" (en castelán). 12 de agosto de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  3. "Wilk sufre una fractura de la base del quinto metatarsiano". Deportivo da Coruña. 18 de marzo de 2015.  (en castelán)
  4. "Cezary Wilk será intervenido mañana por la tarde en el Hospital HM Modelo de A Coruña". Deportivo da Coruña. 23 de marzo de 2015.  (en castelán)
  5. "Wilk recibe el alta tras terminar la liga". La Voz de Galicia. 25 de maio de 2015.  (en castelán)
  6. "Cezary Stefan Wilk, nuevo jugador del Real Zaragoza". Real Zaragoza. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  7. "Wilk se une a los entrenamientos" (en castelán). 27 de novembro de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  8. "Wilk se retira del fútbol a causa de sus continuos problemas en una rodilla" (en castelán). 21 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]